Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN CONVOCA UNHA PRAZA PARA CHOFER DE TRACTOR ROZADORA

15 Abr 2016

Ofertan unha praza con contrato laboral temporal

O concello de Verín fai pública unha convocatoria para un contrato laboral temporal na categoría de chófer de tractor-rozadora. Trátase dun contrato laboral temporal a xornada completa, cunha duración de cinco meses.

No proceso de selección valorarán, aparte da titulación académica e o coñecemento acreditado da lingua galega, a experiencia na mesma categoría, estando fixados como requisitos imprecindíbeis ter o permiso de conducir C+E e BTP xunto co certificado de escolaridade ou equivalente.

A data probable de contratación será o catro de maio, e o remate o tres de outubro. O prazo para a presentación de instancias remata o 25 de abril.

Pra descarregar as bases da convocatoria descarga o pdf que está na parte esquerda.

Volver