Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERÍN CONVOCA DÚAS PRAZAS DE AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL

07 Abr 2016

O sistema de selección será por oposición libre

O concello de Verín fai publico o anuncio polo cal se convocan dúas prazas de auxiliares de policía local. Ofertan dous contratos de acumulación de tarefas para exercer as funcións de auxiliares da policía local cunha duración de 4 meses coincidindo coa tempada do verán.

O sistema de selección será unha oposición libre con dúas fases (oposición e curso de formación selectivo a realizar na Academia Galega de Seguridade)

O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais

Deberá xuntarse á instacia a documentación que figura na cláusula 3ª das bases

Volver