Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O Concello de Verín, condenado a readmitir a un delegado da CIG despedido de xeito improcedente

24 Abr 2009

O traballador fora obxecto dun expediente disciplinar no que se lle acusaba de trato discriminatorio e acoso laboral

García Torres lembrou que no mes de marzo de 2008, logo de constituírse a Mesa Xeral de Negociación do Concello (na que a CIG era maioritaria) o Alcalde de Verín, “axudado por varios traballadores da súa corda”, abriu un expediente disciplinar contra o delegado de Persoal da CIG: Juan Rodríguez Larrán, imputándolle ter cometido cinco ilícitos: 1) Incumprimento de Funcións por pagamentos por caixa indebidos, 2) desobendiencia e incumprimento das tarefas propias do seus cargo, 3) Trato discriminatorio, 4) Trato irrespectuoso e 5) Acoso Laboral.

A coincidencia entre a apertura do expediente disciplinar e o punto álxido da negociación colectiva (febreiro-marzo 08), “non pode pasar desapercibida para esta central sindical, posto que (malia non ter podido achegar máis probas no acto do xuízo) estamos certos que a intención da Alcaldía tivo a ver máis co seu ánimo de influír a mesa xeral de negociación que co puramente laboral”. Nestes senso, o responsábel da CIG-Verín insiste en que non se debe esquecer que o despedimento do traballador provocaba dous efectos moi prexudiciais para a acción sindical no concello: a) deixábase a CIG en minoria e b) dábase unha lección a aqueles traballadores que iniciasen a via sindical.

“Con todo, o máis grave, dende o prisma humano, foi a instrución do expediente disciplinar que, levada a cabo polo interventor do concello de Verín, ademais de conformar unha verdadeira chapuza "malitencioada" e "revidada", procurou en todo momento avalar a construción orquestada contra o noso afiliado pola Alcaldía do Concello”, lamenta García Torres. Moi ao contrario de realizarse unha instrución baseada na neutralidade e na obxectividade, actuouse, vulnerando o direito de defensa do afiliado, “como se dunha fiscalía se tratase”.

A este respecto a xueza do Xulgado social nº 3 de Ourense, di textualmente: "En cuanto ao trato discriminatorio, varias son as circunstancias a ter en conta. En primeiro lugar, sinalar que non é obxecto de denuncia, polo que é dubidoso o por qué dita alegación ou pregunta se inclúe no expediente".

Imputacións sen acreditar

Dende a CIG de Verín destacan o “enorme "varapau" que se lle mete ao alcalde do Concello, á maiores o asinante do despedimento efectuado, condenándoo a readmitir ao delegado de persoal, porque das cinco imputacións non ficou acreditada nin unha soa delas e iso, tras ter sofrido unha instrución de 10 meses, nos que o traballador, mesmo, tivo de ser colocado en situación de IT por depresión”. “Quen paga agora os gastos municipais do despropósito dunha instrución de 10 meses que é totalmente desmontada polo Xulgado Social: é dicer que ser revela como ineficaz e incerta ? Quen paga as consecuencias de orde psicolóxico que tivo que soportar o noso afiliado durante mais de 10 meses”, preguntan dende a Unión Local.

Pola súa banda, o traballador afectado analizará coa CIG a posibilidade de demandar ao Concello de Verín e ao seu Alcalde por acoso, ao imputárselle unha conduta de acoso falsa.

Asumir ás responsabilidades

“A CIG debe mostrar a sua grande satisfacción por esta sentenza, porque vén a colocar no seu sitio a aqueles que se valen dos medios e recursos públicos, para construír acusacións incertas, dirixidas a laminar e eliminar aos que non son da súa mesma corda política”. Anxo García indicou que agarda que o rexedor asuma a súa responsabilidade nesta acción, tanto dende o punto de vista patrimonial (os gastos do Concello durante mais de 10 meses de instrución ineficaz) como dende o punto de vista político por avalar unha instrución abasolutamente improcedente e, xa que logo, ilícita dende o punto de vista laboral.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Volver