Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VERIN BUSCA UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL

24 Mai 2021

Oferta un contrato de 12 meses con posibilidade de prórroga

BASES ESPECÍFICAS CONTRATACIÓN DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL SAAD

 

 1  TRABALLADOR/A SOCIAL

 

DURACIÓN CONTRATO: 12 MESES (con posibilidad de prórroga polo mesmo período)

31.05.2021

Último día para a presentación instancias

02.06.2021

Listaxe provisional admitid@s e excluid@s

03.06.2021 – 17.00 horas

Proba práctica

O lugar de realización indicarase na resolución de admitid@s e excluid@s

 

04.06.2021

Publicación resultados proba práctica

10.06.2021

Valoración provisoria

11.06.2021

Reclamación valoración provisoria

15.06.2021

Valoración definitiva

 

Data probábel da contratación: 16.06.2021

 

Retribucións mensuais brutas: 1.436,90€ (Pagas extras abónanse aparte)

 

1.- Documentación mínima a aportar para participar no proceso de selección:

 

  • Fotocopia do DI.
  • Carne conducir: B
  • Anexo I
  • Declaración responsábel (Anexo II)
  • Titulación mínima esixida:

-  Diplomatura ou Grado en Traballo Social.

 

2.- Procedemento e criterios de selección:

A selección efectuarase mediante a realización dunha proba práctica e concurso de méritos, en base os seguintes criterios:

 

3.- PROBA PRÁTICA:

Consistirá na resposta a 40 preguntas tipo test sobre materias relacionadas co posto de traballo e funcións a desenvolver (Sistema para la Autonomía e Atención a Dependencia – SAAD).

Serán aptas/os aquelas/es que acaden unha puntuación mínima correspondente a 20 preguntas respostadas correctamente, puntuando cada unha a 0,5 puntos (10 puntos para superar a proba).

As respostas erróneas restarán 0,5 puntos e as respostadas en branco non restan puntuación.

A proba práctica será previa a valoración dos méritos.

As/Os candidatas/os que non acaden a puntuación mínima serán calificados como NON APTOS e non serán obxecto de valoración.

 

O TEMPO DE REALIZACIÓN DA PROBA SERÁ DE 1 HORA.

 

4.- Documentación a aportar para acadar méritos:

 

8.3.A) EXPERIENCIA PROFESIONAL MÁXIMO 75 PUNTOS

PUNTUACIÓN MÁXIMA A ALCANZAR (60% DE 75) = 45 PUNTOS

A.1).- Servizos prestados, na administración local ou entidade do sector público (en réxime funcionarial/ laboral/ estatutario) desempeñando praza ou funcións equivalentes: 0,20 puntos por mes completo de servizos

A.2).- Servizos desempeñados en empresa/entidade privada, en posto ou funcións equivalentes á da bolsa á que opta: 0,15 puntos por mes completo de servizos

Para a acreditación dos devanditos méritos deberase achegar copia da seguinte documentación xustificativa:

 

- Certificación expedida pola Administración Pública na que prestou servizos, onde conste o grupo e o posto de traballo que desempeñou, e o cómputo total de días, meses e anos traballados, xunto coa vida laboral. Poderase acreditar dita experiencia no sector público aportando os respectivos contratos xunto coa vida laboral.

- Contrato de traballo acompañados do informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social no caso de postos desempeñados no sector privado

Os servizos prestados alegados, calcularánse según os datos finais obrantes na vida laboral.

 

En ambos casos non se terán en conta os períodos restantes inferiores ao mes.

 

8.3.B) FORMACIÓN ESPECÍFICA / COMPLEMENTARIA: MÁXIMO 24 PTOS

PUNTUACIÓN MÁXIMA A ALCANZAR (40% DE 24) = 9,60 PUNTOS

DURACIÓN

Puntos

Cursos de duración entre 20 - 49 horas

0,10

Cursos de duración entre 50 - 99 horas

0,20

Cursos de duración entre 100 - 299 horas

0,40

Cursos de duración entre 300 - 599 horas

0,80

Cursos de duración igual o superior a 600 horas

1,50

Serán obxecto de valoración as accións de formación directamente relacionadas coas funcións e/ou competencias profesionais a desempeñar, impartidas, organizadas, recoñecidas ou homologadas por Administracións Públicas, entidades y/o organismos dependentes das mesmas, universidades, Inem así como sindicatos.

Para a acreditación desta formación deberase achegar copia do título correspondente ou certificado acreditativo expedido pola entidade/organismo organizador ou responsable da actividade formativa. Nos devanditos documentos acreditativos deberá constar a data de realización dos mesmos, a súa duración, así como o seu obxecto.

Non serán valoradas as accións formativas de menos de 20 horas, nin a asistencia a xornadas, seminarios, simposios ou similares

 

8.3.C) NIVEL DE COÑECEMENTO DO IDIOMA GALEGO (MÁXIMO 1 PUNTO)

NIVEL

Puntos

CELGA I ou equivalente

0,20

CELGA II ou equivalente

0,40

CELGA III ou equivalente

0,60

CELGA IV ou equivalente

0,80

CELGA V ou equivalente

1

Para garantizar o uso do galego nas relacións ca Administración será valorada a posesión do Certificado de Lingua Galega (CELGA) ou titulación equivalente, sendo ésta homologada pola Xunta de Galiza (valorarase soamente o nivel de grao superior)

 

 

 

 

Volver