Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE VERÍN BUSCA INTEVENTOR/A MUNICIPAL

29 Ago 2022

É un posto interino

O concello de Verín fai público no BOP do 28 de agosto que, por resolución da concelleira delegada da Área de Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais, do día 25/08/2022, aprobáronse as bases e convocáronse as correspondentes probas selectivas para prover unha praza de interventor/a municipal, interino/a vacante no cadro de persoal funcionario do concello de Verín.
O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP). Non obstante, se o último día do prazo fose sábado ou coincidise con festivo, posporase ata o primeiro día hábil seguinte. As bases están integramente publicadas na sede electrónica do concello de Verín (Taboleiro de anuncios. Emprego público).

Volver