Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELHO DE VERÍN APROBA UMHAS BASES DE CONTRATACIÓN “Á CARTA”

31 Xan 2020

Son discrecionais e retraen á institución local a 15 anos atrás

A venda de fume e a xeración de expectativas valeiras de contido é umha das prácticas ás que nos ten afeitos o grupo de goberno do Concelho de Verín, dando-lle agora continuidade por medio do anuncio da Concelheira de persoal sobre aprobación dun sistema de listas de contratación.
Antes de analizar os graves problemas que vai implicar o novo sistema de contratación de persoal, cómpre que lembremos que o grupo de goberno, que agora parabeniza tanto co anuncio de aprobación dumhas novas bases, houbo ser “executado” polo Xulgado Contencioso Administrativo núm. 1 de Ourense para dar cumprimento a un Acordo sindical, do mes xulho do 2016, polo que o Concello comprometera a negociación dumha novas bases de contratación para Verín. Noutras palabras, as Bases de contratación anunciadas non derivan da vontade do grupo de goberno municipal, senón da imposición de negociación dun Xulgado fronte a súa resistencia.
Entrando no fondo do asunto, temos que sinalar que o Grupo de Goberno ven de aprobar, co voto a favor da CSIF e de CCOO (50% da representación sindical) e co voto en contra da CIG (50% da representación sindical), un sistema de contratación na liña de todo o que é cocido na concelharia de persoal: cheo de erros, ambiguo, discrecional e que ha defraudar as enormes expectativas de trabalho que xa se están a vender ao cidadaos/ás de Verín.
Imos pór un par de exemplos do “despropósito” de bases de contratación que se venhen de aprobar pola Concelharía de Persoal de Verín:
- Son previstos "casos" nos que se poderán realizar contratacións por fora do sistema ordinario de "bolsas listas" de emprego. Nises casos, non se regulan as normas polas que deben ser convocadas e realizadas as ofertas de emprego. É dicer, un coadoiro !!! O Grupo de Goberno poderá estabelecer os criterios que lle pete para contratar á xente sen ater-se ao sistema de bolsas porque fica ao seu arbitrio elixir a alternativa de bolsas ou non, sen que a segunda estea regulada.
- Todos os contratos subvencionados por outras Administracións públicas, fican fora do sistema de bolsas de contratación (é dicer, a maioría das ofertas de emprego). Se a Xunta subvenciona un contrato non existirán bases para ises postos ao non ser aplicábel o sistema de bolsas. A Concelheira de RRHH ficará eximida de todo control sindical e poderá facer as bases que lhe pete !!!!
- Fronte as bases derrogadas, nas novas non se estabelece como se publicarán as ofertas de emprego, nen que medios de comunicación. É dicer, se a concelheira quer publica-las no tabueiro de anuncios, e non nun xornal ou no BOP, así o ha facer e ficarán informados da oferta quen vaian a ver o tabueiro de anuncios ao Concelho.
- As necesidades urxentes de contratación (ben por falta de lista, porque a lista estea esgotada) non se regulan, ficando isas contratacións fican ao arbitrio do Grupo de Goberno.
A CIG impugnará xudicialmente este despropósito que o único que procura e adiar a situación do Concelho de Verín 15 anos atrás, para conseguer un control absoluto da contratación municipal.
En calquera caso, se iste é o compromiso pola transparencia, a igualdade de oportunidades e contra o enchufismo do PSOE e do BNG de Verín, non dista case nada do mesmo compromiso que ten o PP con tais valores.

Volver