O CONCELLO DE VERIN ABRE UN NOVO PROCESO DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
Trátase dunha praza de Axente de Proxectos de Seguridade
O concello de Verín oferta unha praza de Axente de Proxectos de seguridade baixo o contrato de obra ou servizo determinado a xornada completa.
O prazo para a presentación de instancias será de dez días naturais, e deberán presentarse no rexistro xeral do concello de Verín, dende o día seguinte á publicación finalizando o día 21 de marzo, incluído.
O procedemento selectivo será o establecido nas bases de contratación do persoal do concello de Verín.
Xunto á instancia, deberán achegarse os méritos que se aleguen, a maiores da documentación que figura na cláusula 2.2 f) das bases reguladoras do réxime de contratación do persoal laboral do concello de Verín.

