O CONCELLO DE VEREA OFERTA DÚAS PRAZAS TEMPORAIS DE ENCARGADA/O DA PISCINA MUNICIPAL
21
Xun
2019
Son contratos a media xornada
O concello de Verea fai público no BOP do 21 de xuño, en virtude da resolución da alcaldía do 19 de xuño do 2019, a convocatoria mediante concurso a provisión dos seguintes postos de traballo:
Denominación do posto: encargado/a da piscina municipal
Número de postos: 2
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (50%)
Duración do contrato: 2,5 meses
As bases que rexen a convocatoria pódense obter na sede electrónica do Concello de Verea: https://concellodeverea.sedelectronica.gal e nas oficinas municipais.

O prazo e lugar de achegamento de instancias, así como a documentación que se deberá incluír na solicitude, será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte día hábil ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do Concello de Verea, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou polas outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común. As solicitudes que se entreguen nun rexistro distinto ao do Concello de Verea, que respectarán en todo caso os prazos establecidos no parágrafo anterior, deberán adiantarse por fax ou correo electrónico (concello.verea@eidolocal.es) ao concellomediante copia da instancia debidamente selada dentro do prazo de presentación de instancias.