Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VEREA CONVOCA 5 POSTOS DE TRABALLO

26 Mai 2016

Son prazas para 4 pións e 1 chófer de tractor rozadora

A xunta de goberno local do concello de Verea, na sesión extraordinaria de data 20 de maio de 2016, aprobou as bases para a contratación, con carácter de laboral temporal, de 1 chofer de tractor rozadora e outra maquinaria similar e 4 peóns, que constituirán unha brigada para a realización/ prestación de obras/servizo “Actuacións múltiples”.

Para a praza de chófer tractor rozadora será un contrato laboral temporal a xornada completa,para servizo determinado, cunha duración do contrato de 4 meses. Para o sistema de selección aplicarán o concurso-oposición.
No caso das prazas para pións que constituirán unha brigada para a realización/prestación de obras/servizo “Actuacións Múltiples”, serán 4 prazas con contratos laborais temporais a xornada completa, para obra/servizo determinado, tendo istes unha duración de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso.
O prazo e lugar de presentación de solicitudes e documentación, para todas as prazas, será de 5 días naturais, contados a partir do seguinte á recepción da comunicación que efectúe o concello ao aspirante, segundo a preselección feita pola Oficina de Emprego de Celanova. As solicitudes e documentación presentaranse no Rexistro
Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou polas outras formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes e documentación, que se presenten a través da oficina de Correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas antes de ser certificadas. A documentación que se incluirá será a mesma que se se presentase a solicitude no Rexistro Xeral do concello. Non obstante, de non presentaren a solicitude e documentación no Rexistro Xeral do concello, os/as interesados/as, dentro do prazo de presentación, remitirán un fax ao concello n.º 988 430 842, avisando da presentación da solicitude e documentación, por algún dos outros medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias e documentación, fose sábado ou día inhabil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello, e na páxina web do Concello de Verea “www.concellodeverea.com”. Así mesmo, o modelo de solicitude (anexo I) e a declaración responsable (anexo II) poderá obterse na mesma páxina web. Contra as bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor, alternativamente, ou un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio, ante a Xunta de Goberno Local do Concello de Verea, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio. Se se optase por interpor un recurso de reposición potestativo, non poderá interpor un recurso contencioso-administrativo até que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso ésen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro recursoque estime pertinente.

Volver