Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TRIVES OFERTA UNHA PRAZA DE LICENCIAD@

15 Xun 2016

Necesitan un/ha avogad@ para o Centro de Información á muller

O concello de Trives fixo públicas as bases de selección para a contratación laboral temporal dun/ha avogado/a-licenciado/a, como persoal laboral temporal, para o Centro de Información á Muller. Farán un contrato como persoal temporal por obra ou servizo determinado, dun/ha avogado/a para prestar os servizos de información e asesoramento xurídico no Centro de Información á Muller no concello da Pobra de Trives (Ourense). O contrato formalizarase baixo a fórmula de servizo determinado e a tempo parcial, 8 horas semanais, repartidas en dous días á semana, sendo o prazo de presentación de instancias de sete días naturais.

Se queres descarregar as bases do proceso pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver