O CONCELLO DE TRIVES CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
Son pra postos de pión e oficial
O concello da Pobra de Trives fai público no BOP do 20 de abril por resolución da alcaldía n.º 54/2018, con data 17.04.2018, a aprobación das bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir os postos de traballo de peón e oficial para apoio aos distintos servizos municipais en réxime de contratación laboral temporal. As bases están ao dispor dos/das aspirantes no concello da Pobra de Trives, no taboleiro de edictos e na páxina web: www.apobradetrives.es
Contra estas bases, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio, ante o alcalde deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en Ourense, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor un recurso de reposición potestativo, non poderáinterpor un recurso contencioso-administrativo até que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso é sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente. De calquera maneira o concello iniciará o proceso selectivo con base na executividade das resolución adoptadas e dada a necesidade de cubrir o posto referenciado. Tamén se poderá obter o modelo de solicitude nos mesmos medios que constan nas bases.

