O CONCELLO DE TRIVES CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA UN POSTO DE TRACTORISTA
É un posto temporal
O concello de Trives fixo público no BOP do 6 de maio as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego para un posto de tractorista. As bases teñen por obxecto regular o procedemento para a creación dunha bolsa de emprego, referida ao persoal necesario para a cobertura, con carácter temporal, do posto de tractorista, que consideran servizo prioritario e esencial. A bolsa de emprego, de non haber acordo en contrario, tamén será de aplicación para as contratacións laborais temporais, dende a entrada en vigor das presentes bases ata o día 31 de decembro do ano 2017, respectando, en todo caso, as disposicións legais vixentes, podendo prorrogarse un ano máis, isto é, ata o 31 de decembro de 2018, mediante Decreto de Alcaldía. Unha vez creada a bolsa de emprego e durante o seu período de vixencia, cubrirase o posto de traballo de carácter temporal que se concreta nas presentes bases.
Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

