Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA UNHA PRAZA DE SOCORRISTA

01 Xun 2016

Trátase dun contrato temporal para atender as piscinas municipais

O concello de Trasmiras fai unha convocatoria para a contratación laboral para un posto de socorrista para as piscinas municipais. A modalidade de contratación será laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada ficou establecida en  38 horas/semana (luns a domingo, festivos incluídos), dentro do servizo de socorrista acuático das piscinas municipais do Concello de Trasmiras. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato irá dende o 1 de xullo ao 31 de agosto de 2016. O prazo e lugar de presentación das solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver