O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O
Trátase dunha vacante por xubilación
O concello de Trasmiras fai público no BOP do 24 de maio, que, por resolución da alcaldía, do día 22/05/2023, aprobáronse a convocatoria e as bases do proceso para a selección e posterior nomeamento como funcionario/a interino/a dunha praza de auxiliar administrativo (grupo C subgrupo C2 nivel 16), praza vacante por xubilación que se produce no exercicio orzamentario, ata que esta non se cubra definitivamente e con previsión de bolsa de substitución.
As bases estarán expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello http://trasmiras.sedelectronica.gal
Sistema de selección: oposición libre.
O período de presentación de instancias será de 10 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.