O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA UN TRABALLO TEMPORAL
Ofrecen unha praza de socorrista
O concello de Trasmiras fai pública no BOP do 6 de xuño, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, a convocatoria do posto dun/ha 1 socorrista piscinas municipais, cunha duración do contrato de 2 meses. O sistema de selección é por concurso e as bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais, no taboleiro de anuncios e no apartado de anuncios da sede electrónica municipal. http://trasmiras.sedelectronica.gal. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (rúa Otero Pedraio, 174, 32695-Trasmiras) en horario de 9.00 a 14.30 horas, ou por outro calquera medio admitido en dereito. Se o último día fose sábado ou inhábil, o prazo rematará o día seguinte hábil.

