Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA UN POSTO DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVIMENTO LOCAL

10 Xun 2021

Trátase dun contrato deica a fin do 2021

O concello de Trasmiras fai público no BOP do 10 de xuño, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal dun/dunha axente de emprego e desenvolvemento local por resolución da alcaldía do 7 de xuño de 2021, o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao concurso.

Denominación do posto e número:

Axente de emprego e desenvolvemento local: 1
- Requisitos esixidos: os que figuran nas bases desta convocatoria
- Duración do contrato: desde a contratación até o 31 de decembro de 2021
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, a tempo completo  - Sistema de selección: concurso
- Funcións: as propias do posto de traballo
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal http://trasmiras.sedelectronica.gal
- Prazo de presentación das solicitudes: cinco días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (rúa Otero Pedraio, 174, CP 32695Trasmiras), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio en dereito.

Volver