Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO

05 Xun 2020

Son contratos de seis meses de duración

Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir tres postos de traballo de persoal laboral temporal por resolución da alcaldía do concello de Trasmiras, con data 1 de xuño de 2020, fai público no BOP do 5 de xuño  o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

-Número e denominación dos postos:

Un/ha pión de mantemento de servizos municipais.

Dúas/dous pións forestais.

-Requisitos esixidos: ademais dos xerais contemplados nas bases desta convocatoria, os candidatos deberán estar en posesión do permiso de condución clase B.

-Duración do contrato: seis meses.

-Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

-Sistema de selección: concurso- oposición.

-Funcións: as propias do posto de traballo.

-Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal http://trasmiras.sedelectronica.gal

-Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (rúa Otero Pedrayo nº 174, 32695.-Trasmiras) en horario de 9:00 horas a 14:00 horas,ou por calquera outro medio en dereito.

Volver