Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA DEZ PRAZAS TEMPORAIS

14 Xul 2016

Son postos para conformar dúas brigadas antiincendios forestais

O concello de Trasmiras, unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2016, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (Convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinanciado con fondos FEADER). Ofertan 2 traballador@s como xef@s, 2 pións condutor@s e 6 pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso. O prazo e lugar de presentación de solicitudes será de cinco días naturais contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial a Provincia (14/7/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no
taboleiro de anuncios do concello.

Volver