O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son para xef@s de brigada e pións
O concello de Trasmiras fai público no BOP do 16 de xuño que, por decreto da alcaldía, con data 11 de xuño de 2020, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro da addenda do convenio de colaboración subscrito entre a consellería do Medio Rural e do Mar e o concello de Trasmiras para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
- Denominación dos postos: duas/dous xef@s de brigada e oito pións de brigada con dispoñibilidade de condución.
- Duración do contrato: tres meses
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo.
- Sistema de selección: concurso- oposición
- Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no concello de Trasmiras en horario de oficina e na sede electrónica: http//:trasmiras.sedelectronica.gal

