O CONCELLO DE TRASMIRAS OFERTA 10 POSTOS DE TRABALLO
Traballarán a tempo completo tres meses
O concello de Trasmiras, por decreto da alcaldía do 9 de xuño de 2023, aprobou as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores/as para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e o concello de Trasmiras para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
- Denominación dos postos: dous/dúas xefes/as de brigada, dous/dúas pións/pioas condutores/as e seis pións/pioas de
brigada.
- Duración do contrato: tres meses
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a tempo completo. Código 406: administracións públicas. Plan
recuperación, transformación e resiliencia, e fondos Unión Europea. Tempo completo.
- Sistema de selección: concurso-oposición
- Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP,
no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Trasmiras, en horario de oficina, e na sede electrónica http//:trasmiras.sedelectronica.gal