O CONCELLO DE TRASMIRAS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
Faino na categoría de auxiliar de axuda no fogar
O concello de Trasmiras, por resolución da alcaldía do 1 de decembro de 2020, fai pública no BOP do 7 de decembro a aprobación das bases de selección para proceder á creación dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar para ise concello, en réxime de persoal laboral temporal, mediante o sistema de concurso, para cubrir os postos das vacantes que se produzan por enfermidade, maternidade, vacacións etc. e as altas que procedan de novos usuarios, dunha maneira rápida e áxil, para poder continuar dando o servizo aos/ás veciños/as deste concello.
- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
- Xornada: para determinar segundo as necesidades de cada momento.
- Servizo: servizos sociais, auxiliares de axuda no fogar deste concello.
- Sistema de selección: concurso.
- Duración do contrato: segundo a necesidade de contratación.
- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.30h, ou polas outras formas previstas na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Trasmiras, situado nas oficinas municipais e na sede electrónica. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Trasmiras.

