Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TRASMIRAS BUSCA UN/HA AXENTE DE EMPREGO

17 Xun 2020

É un contrato deica a fin do ano 2020

O concello de Trasmiras fai público no BOP do 17 de xuño que, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal de axente de emprego e desenvolvemento local por Resolución da Alcaldía, con data 12 de xuño de 2020, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
- Número e denominación do posto: un/ha axente de emprego e desenvolvemento local
- Requisitos esixidos: os contemplados nas bases desta convocatoria.
- Duración do contrato: desde a contratación até o 30 de decembro de 2020.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Sistema de selección: concurso.
- Funcións: as propias do posto de traballo.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal http://trasmiras.sedelectronica.gal
- Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio
no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (rúa Otero Pedraio, n.º 174, 32695.-Trasmiras) en horario de 9:00 horas a 14:00 horas, ou por calquera outro medio en dereito.

Volver