Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA 5 PRAZAS TEMPORAIS

01 Xul 2016

Son prazas para a brigada de incendios

O concello de Toen, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (exp. 147/2016). A denominación dos postos convocados é de 1 xefe/a e 4 pións da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Toén (convenio de colaboración coa consellería do medio rural). A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato abranguerá 3 meses. O sistema de selección por concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP , no Rexistro do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver