Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TOEN OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL

03 Dec 2016

É para un/ha auxiliar de axuda no fogar

O concello de Toén, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de traballo para o ano 2017, publica o resumo da convocatoria (exp.415/2016).
- Número e denominación dos postos: 1 auxiliar de axuda no fogar. Entre @s candidat@s non seleccionados conformarase unha bolsa de traballo para a cobertura de vacantes que se produzan ao longo do ano 2017 na mesma categoría profesional.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Duración do contrato: 12 meses.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Prazo de presentación de solicitudes: 6 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP (3/12/16), no rexistro do concello de Toén, rúa Vilar, núm. 65, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio dos previstos nas bases de convocatoria

Se queres descarregar as bases da convocatoria pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver