Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA UN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL

30 Mai 2022

É para un/ha vendedor/a de entradas das piscinas municipais

O concello de Toen fai público no BOP do 30 de maio que, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 347/2022, subvención empregabilidade Deputación).

Número e denominación do posto: 1 vendedor/a de entradas das piscinas municipais.
Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción a tempo completo.
Duración do contrato: 2,5 meses
Sistema de selección: concurso de méritos.
Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica  municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén, dispoñible na sede electrónica https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Volver