Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA UN POSTO DE TAQUILLEIRA/O

08 Xun 2023

Ten unha duración de dous meses e medio

O concello de Toen fai público no BOP do 8 de xuño que, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (exp. 347/2023, subvención empregabilidade Deputación).


Número e denominación do posto: 1 vendedor/a de billetes (*taquillero/a) para as piscinas municipais

Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción, a tempo completo

Duración do contrato: 2,5 meses

Sistema de selección: concurso de méritos

Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)

Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Electrónico do Concello de Toén, dispoñible na sede electrónica no rexistro do concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros, situada na rúa Ribadela, 1, 32930 Toén, en horario de 8.30 a 14.30 h, ou por calquera outro medio recollido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Volver