Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA UN POSTO DE LIMPADOR/A

05 Set 2022

É un contrato de seis meses de duración

O concello de Toén fai público no BOP do sábado 3 de setembro o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal.

- Número e denominación do posto: 1 limpador/a para as instalacións de titularidade municipal.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a tempo completo.
- Duración do contrato: 6 meses.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica
municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do concello de Toén dispoñible na sede electrónica https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros, situada na rúa Ribadela, 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015,
do 1 de outubro.

Volver