Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA UN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

13 Dec 2021

Traballará a tempo completo deica a fin de 2022

O concello de Toén fai público no BOP do 13 de decembro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (exp. 551/2021):
- Número e denominación do posto: 1 auxiliar de axuda no fogar
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo
- Duración do contrato: ata o 31/12/2022
- Sistema de selección: concurso de méritos
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)
- Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro electrónico do concello de Toén dispoñible na sede electrónica, no rexistro do concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Volver