O CONCELLO DE TOEN OFERTA TRES POSTOS TEMPORAIS
Son pra pións de albanelería e oficial de canteiría
O concello de Toen fai público no BOP do martes 29 de xaneiro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 3 postos de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (exp. 52/2019).
Número e denominación dos postos: operario/a de servizos varios (1 oficial de cantería e 2 peóns de albanelería).
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
Duración do contrato: 9 meses o oficial de cantería e 6 meses os peóns de albanelería.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es)
Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Toén (rúa Vilar, 65, 32930 Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en Dereito.

