O CONCELLO DE TOÉN OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son para un/ha oficial e dous pións
O concello de Toén, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 3 postos de traballo de persoal laboral temporal, publica no BOP do 19 de marzo o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (exp. 102/2018).
- Número e denominación dos postos: operario de servizos varios (1 oficial de cantería e 2 pións de albanelería).
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Duración do contrato: 9 meses o oficial de cantería e 6 meses os peóns de albanelería.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es).
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (19/3/18), no rexistro do Concello de Toén (Rúa Vilar 65, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en Dereito.

