Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

12 Abr 2021

Son para oficiais de canteiría e albanelería

O concello de Toén fai público no BOP do 12 de abril que, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir tres postos de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 129/2021).

- Número e denominación dos postos: operario/a de servizos varios (dous oficiais de canteiría e un pión de albanelería).

- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

- Duración do contrato: 7 meses.

- Sistema de selección: concurso de méritos.

- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es).

- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do concello de Toén, dispoñible na sede electrónica http://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Volver