Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA OITO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

23 Mai 2020

Son para 5 pións forestais e operario/a de servizos varios (dous oficiais de cantería e unha pión de albanelería)

O concello de Toen fai público no BOP do 23 de maio, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir cinco máis tres postos de traballo de persoal laboral temporal, fan público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 125 e 126/2020), con indicación de que, ao abeiro do disposto no punto 4 da disposición adicional 3ª do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, este proceso de selección non queda suspendido ao considerarse que é indispensable para a protección do interese xeral e para o funcionamento básico do servizo de mantemento de infraestruturas de titularidade municipal e de prevención de incendios.

- Número e denominación dos postos: 5 peóns forestais e operarios/as de servizos varios (dous oficiais de cantería e un/ha pión de albanelería)

- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo

- Sistema de selección: concurso/ concurso de méritos

- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es)

- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Toén (rúa Ribadela, 1, 32930, Toén), en horario de 8.30 a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito

Volver