Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA DÚAS PRAZAS TEMPORAIS

26 Mar 2019

Son para limpador/a e oficial de albanelería

O concello de Toen, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal, fai o resumo no BOP do 26 de marzo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso
selectivo (Exp. 358/2018, subvención empregabiliade).
- Número e denominación dos postos: 1 limpador/a e 1 oficial de albanelería
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo
- Duración do contrato: ata o día 15/11/2019 o/a limpador/a e 4 meses o oficial de albanelería
- Sistema de selección: concurso de méritos
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es)
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro do Concello de Toén (Rúa Ribadela 1, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en Dereito.

Volver