Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TOEN OFERTA DÚAS PRAZAS TEMPORAIS E ANUNCIA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

02 Abr 2016

Publícase no BOP a oferta para dous contratos laborais temporais de pións

O concello de Toén, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de traballo para o ano 2016, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (expediente: 127/2016).
Os postos son para dous operarios de servizos varios, un pión de canteiría e un pión de albanelería, ambos cunha duración do contrato de 6 meses.
Anuncian tamén que entre os candidatos non seleccionados conformarase unha bolsa de traballo para a cobertura de vacantes que se produzan ao longo do ano 2016, na mesma categoría profesional. A modalidade de contratación será de contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo e o sistema de selección por concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es.
O prazo de presentación de solicitudes é de 7 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, teléfono 988 261 074, en horario de 8.30 horas a 14.30 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver