Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TOEN OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO

03 Mai 2017

Son contratos laborais temporais

O concello de Toén, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal, fai público no BOP o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (Exp. 136/2017, subvención empregabilidade). Trátase dos postos pra un/ha operario/a de servizos varios –pión de albanelería- e un/ha pión forestal. A duración do contrato será de 4 meses, con modalidade de contratación por contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP (3/5/17),no rexistro do Concello de Toén (Rúa Vilar 65, 32930 Toén), en horario de 8.30 horas a 14.30 horas, ou por calquera outromedio admitido en dereito.

Pra descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver