O CONCELLO DE TOEN OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Trátase dunha praza de Auxiliar de Axuda no Fogar e outra de condutor/a de máquina rozadora
O concello de Toen fai públicos dous anuncios no BOP do 14 de decembro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal, (expediente 401/2017 e 402/2017).
-Número e denominación dos postos: 1 auxiliar de axuda no fogar e 1 condutor/a de máquina rozadora.
-Modalidade das contratacións: contratos laborais temporais por obra/servizo determinado a tempo completo.
-Duración dos contratos: deica o día 31/12/2018.
-Sistema de selección: concurso de méritos.
-Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es
-Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP (14/12/17), no rexistro do concello de Toén (rúa Vilar 65, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

