Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

04 Dec 2020

Son para chófer de rozadora e auxiliar de axuda no fogar

O concello de Toen fai público no BOP do 4 de decembro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (Exp. 408/2020 e 409/2020).

- Número e denominación dos postos: 1 condutor/a de máquina rozadora e 1 auxiliar de axuda no fogar.

- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

- Duración do contrato: até o día 31/12/2021.

- Sistema de selección: concurso de méritos.

- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es

- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Toén (Rúa Ribadela 1, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver