Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO

01 Xul 2022

Son postos para a brigada contra lumes forestais

Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, o concello de Toen fai  público o resumo da convocatoria no BOP do 1 de xullo para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (exp. 447/2022, convenio coa consellería doMedio Rural).

- Número e denominación dos postos: 1 xefe/a, 1 pión condutor/a e 3 pións da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Toén.

- Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada (D.A. 5ª do Real decreto – lei 32/2021, do 28 de decembro) a tempo completo.

- Duración do contrato: 3 meses.

- Sistema de selección: concurso.

- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)

- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do concello de Toén, disponible na sede electrónica https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros, situada na rúa Ribadela, 1, 32930 Toén, en horario de 8.30 horas a 14.30 horas, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Calquera que sexa o medio de presentación, o prazo remata ás 14.30 horas do quinto día natural seguinte ao da publicación no BOP. Se o último día do prazo fose inhábil o prazo rematará ás 14.30 horas do primeiro día hábil seguinte

Volver