Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TOEN OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

10 Mai 2018

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello de Toen fai público no BOP do 10 de maio, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (expedente 123/2018). Trátase dos postos de 1 xefe/a, 1 pión condutor e 3 pións da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Toén. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato é de 3 meses, e para o sistema de selección optaron polo concurso. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es . O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no rexistro do concello de Toén (rúa Vilar 65, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver