O CONCELLO DE TOEN OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son para as brigadas antiincendios forestais
O concello de Toen, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir cinco postos de traballo de persoal laboral temporal, fai público o resumo da convocatoria no BOP do 15 de xuño para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 144/2020, convenio coa consellaría do Medio Rural).
Número e denominación dos postos: un/ha xefe/a, un/ha pión condutor/a e tres pións da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Toén.
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
Duración do contrato: 3 meses Sistema de selección: concurso.
Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es). Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Toén, (rúa Ribadela, 1, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en Dereito.

