Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TOEN OFERTA CATRO PRAZAS DE PIÓNS

20 Mai 2016

Dous dos postos son para pións de servizos varios e os outros dous son para pións forestais

O concello de Toén aprobou as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal e a creación dunha bolsa de traballo para o ano 2016. A convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (expediente: 181/2016) consiste en 2 prazas de peóns forestais cunha duración de 3 meses. Entre os candidat@s non seleccionados conformarase unha bolsa de traballo para a cobertura de vacantes que se produzan ao longo do ano 2016, na mesma categoría profesional. A modalidade de contratación vai a ser un contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Para o sistema de selección aplicarán o concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 horas a 14.30 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Tamén ficaron aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de traballo para o ano 2016, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (expediente: 180/2016) –subvención empregabilidade Deputación. Trátase de dous postos de operarios de servizos varios –peón de albanelería-, 4 meses. Entre os candidat@s non seleccionados conformarase unha bolsa de traballo para a cobertura de vacantes que se produzan ao longo do ano 2016, na mesma categoría profesional. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Para o sistema de selección aplicarán o concurso de méritos. As bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitidoen dereito.

Volver