Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOÉN OFERTA CATRO POSTOS DE PIÓNS FORESTAIS

16 Abr 2021

Son contratos de 3 meses de duración a tempo completo

O concello de Toén fai público no BOP do 16 de abril, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir catro postos de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 135/2021).
- Número e denominación dos postos: catro pións forestais.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Duración do contrato: 3 meses.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica
municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es)
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén, dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén http://concellodetoen. sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros, situada na rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Volver