O CONCELLO DE TOEN CONVOCA TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
19
Feb
2016
Oferta tres prazas laborais temporais, para dous oficiais canteiros e un oficial albanel
O sistema de selección será por concurso de méritos, e as bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas do concello.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 7 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación no BOP, no Rexistro do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 horas. Para máis información, o teléfono do concello é o 988 261 074

