Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TOEN BUSCA PERSOAL PARA FORMAR A BRIGADA CONTRA LUMES FORESTAIS

30 Xun 2023

Oferta cinco postos de traballo

O concello de Toen, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, publica no BOP do 30 de xuño o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (exp. 395/2023, convenio coa consellaría do Medio Rural).
- Número e denominación dos postos: 1 xefe/a, 1 pión/pioa condutor/a e 3 pións/pioas da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Toén.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por exceso de produción, a tempo completo.
- Duración do contrato: 3 meses.
- Sistema de selección: concurso.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do concello de Toén, dispoñible na sede electrónica no rexistro do concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es , na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na rúa Ribadela, 1, 32930 Toén, en horario de 8.30 a 14.30 h, ou por calquera outro medio recollido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Calquera que sexa o medio de presentación, o prazo remata ás 14.30 h do quinto día natural seguinte ao da publicación no BOP. Se o último día do prazo fose inhábil, o prazo rematará ás 14.30 h do primeiro día hábil seguinte.

Volver