O CONCELLO DE TOEN BUSCA DUAS/DOUS PIÓNS FORESTAIS
O sistema de selección será concurso de méritos
O concello de Toén, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal, publica no BOP do 10 de marzo o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (exp. 140/2022).
Número e denominación dos postos: 2 pións/pioas forestais
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, a tempo completo
Duración do contrato: 6 meses
Sistema de selección: concurso de méritos
Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica
municipal: (https://concellodetoen.sedelectronica.es)
Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este
anuncio no BOP, no Rexistro Electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica: https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na rúa Ribadela, 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 a 14.30 h, ou por calquera outro medio establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

