Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE TABOADELA OFERTA DOUS POSTOS DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

30 Out 2017

Trátase de contratos temporais a tempo completo

O concello de Taboadela publica no BOP do 30 de outubro a resolución da alcaldía de data 18 de outubro do 2017, que aprobou as bases que rexerán a contratación temporal por concurso- oposición de dous contratos de auxiliar  de axuda no fogar; contrato temporal a tempo completo, de duración ata o 31 de decembro de 2018. Os/As interesad@s poderán presentar as súas solicitudes, dirixidas ao alcalde, no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP (30/10/17). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello.

 

Volver