Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
bases de contratacion concello de taboadela
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE TABOADELA CONVOCA 2 PRAZAS DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

20 Feb 2016

A entidade publica no BOP do día 20 a oferta de contratación

O concello de Taboadela aprobou as bases para a selección de persoal laboral temporal, de dúas auxiliares de axuda no fogar. Os contratos terán unha duración de un ano, iniciándose o 1 de marzo de 2016 e rematando o 28 de febreiro de 2017.

As persoas candidatas disporán de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP, para a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral situado na Casa do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

As persoas seleccionadas realizarán os labores correspondentes ao seu posto de traballo no horario, en xornada de mañá ou tarde, ou mañá e tarde. Entre as súas funcións figuran: hixiene e cambios posturais de encamados,apoio na mobilidade dentro do fogar, axuda para levantarse e deitarse, acompañamento de visitas médicas, axudas para vestirse,
espirse e calzarse, e labores de limpeza do fogar e lavado de roupa, así como a preparación da comida, entre outras.

Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude nas dependencias municipais:
a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público (LEBEP), para os nacionais doutros estados.
b) Ter cumpridos os 16 anos de idade, e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo.
d) Que non fora separado mediante expediente disciplinario de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional
doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1994, do 26 de decembro, do persoal ao servizo das administracións públicas.
f) Estar en posesión da titulación esixida para o desempeño do posto de traballo (atención sociosanitaria a persoas dependentes no fogar ou similar, homologado polo organismo competente) ou equivalente.
g) Estar inscritos como demandantes de emprego na Oficina de Emprego correspondente.
h) Estar en posesión da licenza de condución de tipo B.

+INFO: Telefone Concelho: 988 43 65 57

Volver