O CONCELLO DE TABOADELA BUSCA UN/HA FUNCIONARIA/O INTERINO
É unha praza de auxiliar administrativa/o
O concello de Taboadela publica no BOP do 31 de maio a resolución da alcaldía do 26/05/2021, do concello de Taboadela, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a selección de persoal funcionario con carácter de interinidade, mediante o sistema de concurso de méritos, para o posto de auxiliar administrativo/a.
Logo de aprobar, por Resolución da Alcaldía do 26/05/2021, as bases e a convocatoria para a selección de persoal funcionario con carácter de interinidade mediante o sistema de concurso de méritos para o posto de auxiliar administrativo/a, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 10 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello [http://taboadela.sedelectronica.gal]. Na sede electrónica deste concello: [http://taboadela.sedelectronica.gal] aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.
Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes, que contará desde o día seguinte ao de publicar este anuncio, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Aministrativo; ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, que comezarán a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor Vde. calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

