O CONCELLO DE SARREAUS OFERTA 13 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son postos para as brigadas contra os lumes forestais
O concello de Sarreaus fai pública no BOP do 15 de xuño a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:
1. Numero e denominación das prazas: dúas brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais: dous xefas/es de brigada, dous condutoras/es, seis peóns e tres condutoras/es encargados do manexo do vehículo motobomba.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
3. Duración do contrato: 3 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP do anuncio de convocatoria, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:30 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no concello de Sarreaus, en horario de oficina e na sede electrónica http://concellosarreaus.sedelectronica.gal/

