Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SARREAUS OFERTA 10 PRAZAS TEMPORAIS

07 Xun 2018

Formarán dúas brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais

O concello de Sarreaus fai pública a convocatoria para a contratación laboral temporal para as prazas de 2 brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (2 xef@s de brigada, 2 condutor@s e 6 pións). A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de 3 meses. Para o sistema de selección optaron concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes farase nos cinco días habiles seguintes ao de publicación no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas de luns a venres. Máis información nas bases especificas de convocatoria que poderán ser consultadas no concello de Sarreaus, en horario de oficina e na sede electrónica: http://concellosarreaus.sedelectronica.gal/

Volver